Provoca un accidente e abandona o coche coa súa parella e unha menor dentro en Sanxenxo

Tras ser localizado, o home someteuse ás probas de alcol e drogas e deu positivo en ambas

A Garda Civil investiga penalmente por un suposto delito contra a seguridade viaria a un veciño de Sanxenxo, J.A.T.P., de 30 anos, quen tras causar un accidente abandonou o vehículo que conducía coa súa parella e unha menor de idade dentro.

Sobre as 21.45 horas do pasado domingo, a Garda Civil foi requirida por unha condutora que se viu involucrada nun accidente de circulación nas inmediacións de Sanxenxo, informaron este xoves fontes do instituto armado.

Ao chegar ao lugar do accidente, os axentes souberon que o condutor do outro coche involucrado marchou a pé e deixara abandonados á súa parella e a unha menor que o acompañaban. Tras ser localizado, J.A.T.P. someteuse ás probas de alcol e drogas e deu positivo en ambas.

A Garda Civil comprobou ademais que lle retiraron o carné pola comisión de varias infraccións graves e que desde entón adoitaba utilizar distintos vehículos que normalmente lle pedía aos seus familiares e amigos.

Comentarios