O punto limpo de Meaño xa pode recoller residuos eléctricos e electrónicos

2020081813451472661
photo_camera O deputado provincial Carlos López Font e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, durante la visita de ayer. CEDIDA

No marco do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do "lixo electrónico" promovido pola Deputación e cun orzamento de 38.655,73 euros, se acometeron as obras e subministracións que permitiron adaptar o punto limpo de Meaño co obxectivo de acondicionalo de cara á recollida e xestión dos residuos eléctricos e electrónicos.

As obras foron visitadas polo alcalde, Carlos Viéitez, e o deputado provincial de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, quen subliñou: "Creo que estamos dando unha resposta moi satisfactoria ás necesidades da veciñanza e estamos contribuíndo de forma decisiva á transición ecolóxica e á mellora do medio ambiente, e isto pasa necesariamente por unha correcta xestión dos residuos".

Pola súa banda, o rexidor de Meaño agradeceu á Deputación de Pontevedra pola súa colaboración e coincidiu con Carlos Font en que a xestión do lixo electrónico "estase a incrementar cada ano" e destacou que durante a pandemia o punto limpo aumentou considerablemente o seu uso.

En concreto, en Meaño foi necesario subministrar sistemas de vixilancia, de control de accesos ao almacén, de control de accesos de vehículos, gaiolas e estantes, equipos informáticos e transpaletas, que son máquinas para o movemento de palés. Ademais, tamén se demoleu a soleira para mellorar a drenaxe das augas pluviais, colocouse iluminación no almacén, modificáronse as portas de acceso e dotouse de sistema de protección de incendios. Tamén se instalou un ecopunto entregado pola Deputación formado por tres caixas para depositar pilas e baterías, móviles e tablets, e cargadores e cables.

Comentarios