Rescatan a dous mozos en problemas cando practicaban paddle surf en Canelas

Emerxencias Sanxenxo axudou a levalas á beira. Ningunha sofre danos
Aspecto que presenta la playa de canelas. JAVI CASAL
photo_camera A praia de Canelas. JAVI CASAL

O Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo rescatou este sábado a dúas mozas, unha delas menor de idade, que non lograban regresar a terra cando practicaban paddle surf na praia de Canelas. Ningunha sufriu dano algún.

Non é a primeira intervención deste tipo que realizan os efectivos de Emerxencias Sanxenxo, pois o venres tiveron que intervir na praia de Montalvo porque dous menores se atopaban en problemas ao afastarse demasiado da beira.