Rescatada da auga unha muller de 55 anos en Vilanova de Arousa

A muller foi sacada da auga e practicáronlle manobras de reanimación ata que o persoal médico trasladouna a un centro hospitalario

Playa de As Sinas. ARCHIVO
photo_camera Praia das Sinas. ARQUIVO

Unha muller de 55 anos foi rescatada este domingo da auga na praia das Sinas, en Vilanova de Arousa (Pontevedra), informa o 112.

Ás 13 horas un bañista alertou de que unha muller necesitaba axuda, sacárona da auga e practicáronlle manobras de reanimación.

O 061-Urxencias Sanitarias trasladouna a un centro hospitalario para que recibise atención médica. 

Fontas da Policía Local de Vilanova explicou a Europa Press que, tras estabilizar á doente - que responde ás iniciais C.C.T.-, está foi trasladada ao centro hospitalario de Montecelo, en Pontevedra. "Non ía nada ben", apuntou estas mesmas fontes.