Rescatados dous tripulantes dun barco do Grove tras caer ao mar en Ons

Momento en el que el helicóptero de Salvamento Marítimo Pesca 1 desciende sobre las rocas para rescatar al herido. EMERXENCIAS DE SANXENXO
photo_camera Imaxe de arquivo do Pesca 1. EMERXENCIAS DE SANXENXO

Dúas persoas foron rescatadas este domingo polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia despois de caer á auga desde o Tucán 2, unha embarcación con matrícula e base no Grove que saira a lanzar aparello con dúas persoas e o seu patrón como tripulantes.

Sobre as 11:15 horas, persoal da Sala de GardaCostas informaba ao 112 Galicia da mobilización da aeronave para o rescate das persoas que caeran á auga entre Sálvora e Ons.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez rescatados, os tripulantes foron derivados na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.