CEMMAcetaceos informou a través do seu perfil de Facebook de que a primeira hora da mañá deste domingo foi localizado varado un golfiño común na parte interior do complexo intermareal Umia–O Grove, na costa do Grove e fronte á illa da Toxa. Pouco despois descubriuse un segundo exemplar nadando que tamén acabou varando.
Trátase dunha femia adulta e un macho xuvenil. Ambos foron recollidos, avaliados e posteriormente reintroducidos no centro da ría de Arousa.
Desde a organización destacan que, a pesar de desprazar varias unidades móbiles de CEMMA, non fose posible conseguir o mesmo resultado sen a colaboración de strong<> BOTTLENOSE DOLPHIN RESEARCH INSTITUTE–BDRI coa súa embarcación, Emerxencias O Grove, Policía Local O Grove, guardapescas da confraría do Grove e piragüistas do club de remo.