Rescatado en helicóptero un pescador que se precipitou desde o cantil de Punta Pirámide

Ante a dificultade para chegar á zona foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca 1

Un mozo pescador sanxenxino tivo que ser rescatado a última hora da tarde deste martes logo de sufrir unha caída mentres pescaba nos cantís de Punta Pirámide, unha contorna natural situado entre as praias de Canelas e Paxariñas, en Portonovo.

A voz de alarma deuse pouco logo das 20.00 horas. Segundo explicaron as autoridades locais, o home escorregou e precipitouse ás rocas. Ante a dificultade para chegar á zona foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca 1.

O ferido foi rapidamente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Fontes consultadas por este xornal explicaron que podería sufrir un traumatismo cranioencefálico.

No espectacular dispositivo participaron os Bombeiros do Salnés, o Servizo de E merxencia, a Garda Civil e a Polía Local, entre outros.

Comentarios