martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

Rescatan a unha muller que caeu por un desnivel rochoso no Grove

Vehículo de Protección Civil. TWITTER
Vehículo de Protección Civil. TWITTER
A pendente situada preto da estrada do Conde era duns cinco metros e de difícil acceso

Unha muller foi rescatada polos servizos de urxencia, esta tarde, tras sufrir unha caída por un desnivel dunha zona rochosa, no concello do Grove.

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta, ás 14:00 horas, na que un particular solicitaba axuda para unha muller que acababa de precipitarse por unha pendente duns cinco metros. A persoa engadía que se trataba dunha zona rochosa e de difícil acceso, preto da estrada do Conde.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) facilitáronlle os datos aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Ribadumia e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Ademais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez finalizada a intervención, os membros de Protección Civil do Grove confirmáronlle ao 112 que, cos seus medios e a axuda dunhas cordas, fixeran o rescate da muller para poder ser atendida polo 061.

Rescatan a unha muller que caeu por un desnivel rochoso no Grove
comentarios
ç