viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

O salario que cobrará o alcalde de Vilagarcía subirá de 48.000 a 52.799 euros

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. AEP
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. AEP

O custo dos órganos de goberno é de 295.146, o 1,08% do orzamento de 2018

A remuneración económica destinada ao alcalde e aos concelleiros do Goberno local de Vilagarcía subirá un 10% con respecto á que estivo vixente durante o mandato anterior, un aumento que cualifica de equiparable "á subida que percibirán os funcionarios públicos ata 2020 en compensación á perda de poder adquisitivo que lle supuxeron os recortes de salarios adoptados polo Estado durante vos anos da crise".

O soldo do alcalde, Alberto Varela, pasará de 48.000 euros brutos a 52.799, e non chega ao máximo que permite a lei para os concellos cuxa poboación está entre 20.000 a 50.000 habitantes, que se sitúa nos 58.372. A tenente de alcalde, Tania García, recibirá 34.761, e os demais edís liberados, 30.445.

En canto aos dous postos de confianza, as retribucións tamén serán superiores respecto ao anterior mandato, pasando de 23.445 euros brutos anuais a 27.678.

O custo total dos órganos de goberno ascende a 295.146 euros anuais, 49.661 máis que no anterior mandato, unha cantidade que representa o 1,08% do orzamento municipal de 2018.

O número de concelleiros liberados para de seis a oito, mentres que o de persoal de confianza mantense en dúas

A proposta que será aprobada polo Pleno que se celebrará este xoves tamén inclúe un aumento nas indemnizacións que cobran todos os membros da Corporación Municipal por asistencia aos plenos, que pasará de 110 a 130 euros, do mesmo xeito que polas Xuntas de Goberno. As correspondentes ás Comisións Informativas mantéñense en 110 euros, e tampouco sofren variación as asignacións aos grupos municipais que recibirán 300 euros ao mes, máis outros 300 euros por cada concelleiro.

No Pleno organizativo tamén quedarán establecidos asuntos como a periodicidade das sesións, o nomeamento dos representantes da Corporación nos órganos colexiados ou a composición das comisións informativas permanentes.

Dous edís representarán ao Concello de Vilagarcía na Mancomunidade do Salnés, ademais do alcalde, cuxa designación é directa, e tamén serán dúas os que teñan unha praza no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, ambos do PSOE.

Os socialistas contan con doce concelleiros, dos que seis estarán liberados, ademais do alcalde, polo que se mantén a proporción con respecto ao mandado anterior, no que foron catro. Respéctase así a mesma proporción que no anterior, e estarán ocupadas por Tania García, Lino Mouriño, Paola María, Sonia Outón, Álvaro Carou e Alba Briones. Os postos de confianza serán dúas: o secretario persoal do alcalde e o director da Fundación Municipal de Deportes.

" proposta de retribucións económicas para os membros do goberno liberados sitúase na liña do resto dos concellos da contorna e faise tendo en conta a entidade e o peso poboacional de Vilagarcía", expón o PSOE, cuxa maioría absoluta lle garante a aprobación de todas as propostas que presenta ante o Pleno.

O salario que cobrará o alcalde de Vilagarcía subirá de 48.000 a...
Comentarios