O Salnés contará con 88 novos lombos repartidos en 23 viais

O investimento total para facer realidade esta segunda parte do Plan Móvese supera os 852.000 euros

Redutor de velocidade instalado pola Deputación de Pontevedra. CEDIDA
photo_camera Redutor de velocidade instalado pola Deputación de Pontevedra. CEDIDA

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai instalar 88 novos lombos nas estradas provinciais do Salnés, ao abeiro do novo Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (Plan Móvese 2). Segundo explica o deputado Uxío Benítez, a comarca "é a que máis solicitudes de dispositivos de calmado de tráfico solicitou de toda a provincia na segunda fase do plan, que xa está en fase de licitación".

O nacionalista explica que os novos redutores de velocidade (RV) e pasos de peóns sobreelevados (PPS) situaranse en 23 vías elixidas polos concellos, estratexicamente en treitos onde é preciso aumentar a seguranza viaria. O investimento total para facer realidade esta segunda parte do Plan Móvese supera os 852.000 euros, sinala Benítez.

Comentarios