Salvamento Marítimo auxilia unha embarcación de recreo que sufriu unha incidencia preto da Illa

El barco, con tres tripulantes, solicitó ser remolcado
Embarcación Sargadelos. SALVAMENTO MARÍTIMO
photo_camera Embarcación Sargadelos. SALVAMENTO MARÍTIMO

Efectivos de Salvamento Marítimo auxiliaron este martes unha embarcación de recreo que sufriu unha incidencia nas proximidades da Illa de Arousa.

A alerta foi lanzada pola embarcación de recreo Toji, de sete metros de eslora e con tres tripulantes a bordo, que solicitaba remolque despois de que un cabo quedase enganchado á hélice. 

Á zona, a 1,6 millas da Illa de Arousa, desprazouse a Salvamar Sargadelos, que remolcou á embarcación ata o porto de Ribeira.

Comentarios