sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Sanidade advirte de que case todos os indicadores no Salnés están "en alto risco"

Los conselleiros de Sanidade y Política Social. LAVANDEIRA JR
Los conselleiros de Sanidade y Política Social. LAVANDEIRA JR
"Os datos seguen sen mellorar", indica o informe, e por iso decidiuse pechar Meaño, Meis e Ribadumia

Unha das áreas de Galicia que preocupan ás autoridades sanitarias en relación á evolución da covid-19 é a de O Salnés, onde, a pesar das medidas restritivas impostas en boa parte dos seus municipios, non melloraron os indicadores. 

En concreto, o informe dos expertos apunta a que "os datos seguen sen mellorar" nesta área, o que "indica que o gromo aínda non está controlado", tal e como recolle a orde de medidas publicada a última hora deste venres no DOG para incluír nas restricións da zona a Meaño, Meis e Ribadumia.

En particular, alertan de que "case todos os indicadores de risco da comarca mostran criterios con valores de alto risco", como a incidencia acumulada a tres días, o número e pacientes que ingresan en unidades de hospitalización ou a porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado". 

Meis ten unha taxa acumulada a 14 días de 521,8 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que Meaño e Ribadumia están 493,2 e 316,7 casos cada unha, respectivamente. 

Os positivos diarios non baixan do medio centenar na área sanitaria de Pontevedra

Paralelamente, "a transmisión séguese mantendo", cun índice de reprodución por encima dun e a xente nova como o grupo no que se recollen as taxas máis altas" de contagios.

CEE, DUMBRÍA E MUXÍA. A outra área que se incorpora aos peches perimetrales é a de Cee, Dumbría e Muxía, na Costa da Morte, onde os expertos sanitarios ven tamén indicios de preocupación. 

O principal foco nesta área é Muxía, recolle o DOG, cunha taxa acumulada a 14 días de 751,6 casos por cada 100.000 habitantes.

En Dumbría, pola súa banda, hai unha taxa de 704 casos por 100.000 habitantes a 14 días e en Cee é de 238,5.

Sanidade advirte de que case todos os indicadores no Salnés están...
comentarios