Sanxenxo dá o paso previo á edificación do complexo de servizos no polígono

A contratación do proxecto de execución custará 150.000 euros  O complexo municipal permitirá un aforro anual de 38.115 ás arcas públicas e está valorado en 5,7 millóns
undefined
photo_camera Simulación do futuro complexo desde o acceso principal. CONCELLO

Un total de 18 meses é o tempo estimado para a construción do complexo municipal de servizos no polígono de Nantes, unha vez que se adxudique o proxecto. Neste sentido, o Concello de Sanxenxo acaba de dar un importante paso previo á construción deste conxunto de naves ás que se trasladarán varios servizos como Emerxencias ou a Policía Local.

Trátase da aprobación da contratación do proxecto de execución do complexo, no que se definirá con detalle o proxecto arquitectónico para proceder ao execución.

O consello de administración da empresa pública Ínsua Sanxenxo deu luz verde por unanimidade a este procedemento, por un importe máximo de 150.000 euros (IVE incluído). A construción desta nave, que conta cun orzamento total de 5.785.418 euros, permitirá ás arcas municipais un aforro de 38.115 euros anuais polo aluguer da actual nave de Servizos e a concentración de varios deles nun mesmo espazo.

O anteproxecto contempla a construción de catro edificacións ou naves destinadas á Policía Local (300 m2), Emerxencias (200 m2), nave para servizos xerais (2.000 m2) e espazo coworking ou viveiro de empresas (máx.1500 m2). Ademais, contémplase unha oficina para servizos xerais (100 m2) e unha estación para almacenamento da iluminación pública (600m2).

As naves destinadas a almacén e ao servizo de Emerxencias contará con dous corpos, o principal destinado á nave de servizos, nunha única planta situada sobre planta baixa e un soto que ocupa parte da superficie.

O outro corpo estará destinado a Emerxencias, cunha planta baixa destinada a aparcadoiro e outra para servizos. O edificio destinado a coworking terá tres plantas, así como unha planta soto destinada a aparcadoiro, mentres que a nave da Policía Local contará con dúas plantas.

En canto ao aspecto exterior das naves prevese un sistema de cerramento exterior transventilado con paneis de formigón con fibras e un sistema de parasois verticais e celosías de aluminio.

Crece la actividad: una nueva era para Nantes 
El parque empresarial de Nantes comenzó a salir de su letargo hace poco más de dos años, tras la firma del acuerdo de recepción que se produjo el 22 de octubre de 2018. Al repentino interés suscitado entonces por el Suelo Urbanizable número 15 de Nantes, recientemente se le añadió la llegada de empresas punteras en su sector, como el nuevo supermercado Mercadona o la fotovoltaica Inelsa.

Al menos otras siete se encuentran en trámites en estos momentos, y a ello cabe añadirle el despegue del proyecto de complejo de servicios del Concello, que empieza a dar vida también a las parcelas de titularidad municipal (tan solo 21 del total de 280 que componen el parque). De hecho, la idea de trasladar allí al menos el servicio de Emerxencias lleva en la agenda del Gobierno local más de dos años desde que se hizo pública.

Comentarios