viernes. 02.10.2020 |
El tiempo
viernes. 02.10.2020
El tiempo

Sanxenxo inicia a campaña 'Circula a túa lata' en oito praias do concello

María Deza introduce unha lata na mochila amarela. CEDIDA
María Deza introduce unha lata na mochila amarela. CEDIDA
Educadores ambientais percorrerán os areais cada fin de semana para concienciar e sensibilizar sobre a importancia de reciclar

A praia de Canelas foi o escenario da presentación da campaña Circula a túa lata, que se porá en marcha todos os fins de semana de agosto en oito areais do Concello de Sanxenxo. Un plan para a reciclaxe de residuos que se enmarca dentro do programa europeo de sensibilización ambiental Cada lata conta. O obxectivo é concienciar e sensibilizar sobre a importancia de reciclar para fomentar a economía circular e promover o turismo sostible.

A primeira tenente alcalde de Sanxenxo, María Deza, destacou a importancia de iniciativas deste tipo para un municipio que leva anos apostando por ser o destino turístico de referencia en reciclaxe. "En 2019, Sanxenxo duplicou a taxa nacional de reciclaxe en vidro e este ano, a pesar de ser atípico pola situación sanitaria, os datos xa revelan unha tendencia á alza en envases e papel, do 11,56% e 20,81%, respectivamente", explicou.

A campaña, en colaboración con Estrella Galicia, percorrerá as praias de Silgar, Areas, Montalvo, Pragueira, Major, Canelas, Baltar e A Lanzada, con educadores ambientais equipados con mochilas. As latas son 100% reciclables e un xesto tan sinxelo como depositalas no colector amarelo, axuda a que aforremos materiais e reduzamos un 70% o consumo de auga e un 95% o consumo de enerxía, en comparación a fabricar unha lata de novas materias primas.

Sanxenxo inicia a campaña 'Circula a túa lata' en oito praias do...
comentarios