Sanxenxo xa está en nivel alto de restricións

Só Beade e Maside están no chanzo máis alto en Galicia
Hostelería Sanxenxo
photo_camera Unha terraza en Sanxenxo. GONZALO GARCÍA

Niveles

O panorama que se debuxa en Galicia na primeira parte da Semana Santa arrinca este fin de semana con só dous concellos en onde unicamente se pode saír ou entrar por motivos xustificados ao estar en restricións máximas —Beade e Maside— e co foco posto nos lugares máis turísticos, como Sanxenxo e Baiona, onde a incidencia acumulada disparouse tras a ponte de San Xosé e pasan este venres a engrosar a listaxe de sete concellos con limitacións altas.

Con todo, os efectos da entrada en vigor do modelo de catro niveis, activado hai xusto unha semana, non comezarán a percibirse ata que vaia pechando un ciclo epidemiolóxico, o que implica o paso de entre dez e catorce días. Deste xeito, será na reunión do próximo martes do comité clínico onde se avalíen as consecuencias da ampliación de aforamentos e horarios na hostalería, e a flexibilización da mobilidade interna en Galicia.

O SUBCOMITÉ DECIDE. Como é habitual, este venres reúnese o subcomité clínico, que continuará co seguimento da situación epidemiolóxica e, en función dos datos, determinará se se deben endurecer ou alixeirar as condicións nalgún municipio.

Segundo as últimas estatísticas do Sergas, Beade e Silleda superan a taxa de 500 casos de incidencia a catorce días, é dicir, a que se corresponde co nivel alto.

Con máis de 250 —o alto— estarían Maside, Vilardevós, Cortegada, Neda e Boimorto. Con entre 150 e 250, equivalente ao chanzo medio, aparecen xa varios lucenses: Monforte, Pantón, Riotorto, O Saviñao, Sober e Samos. Aínda que cabe recordar que este non é o único factor que decanta as medidas do comité.

Toda decisión que se adopte entrará en vigor o vindeiro luns, o que garante que estea en vigor polo menos ata Venres Santo.

Comentarios