jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Sanxenxo planea reforzar a seguridade nos seus areais

Un socorrista en la playa de Silgar. DP
Un socorrista en la playa de Silgar. DP
A contratación do servizo de salvamento e socorrismo durante os dous próximos veráns conta cunha partida de 1,5 millóns de euros

O Goberno local de Sanxenxo está a traballar na mellora dos servizos que presta nas diferentes praias do municipio pensando en potenciar a seguridade dos bañistas de face á tempada estival correspondente ao ano 2022.

O primeiro paso nesta dirección é sacar a concurso a xestión externa do salvamento e socorrismo, que experimentou un notable incremento desde o ano 2016, ao pasare dez bandeiras azuis ás 17 actuais.

O Concello apunta que (como xa sucedeu en tempadas anteriores) elixirá "un modelo de xestión que xa se aplica maioritariamente noutros importantes destinos turísticos".

Contrato. A Administración local ultima un novo contrato que contempla, no apartado de melloras, un reforzo de persoal e a ampliación da duración do servizo en máis praias das xa habituais como son as de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo que contan con socorristas no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas e Canelas, deberán contar cunha cadeira anfibia

O novo prego, que prevé sacar a licitación en novembro por 1,3 millóns de euros, terá unha duración inicial de dous anos, coa posibilidade de ampliar a súa vixencia con dúas prórrogas.

En canto ao equipamento, ás embarcacións e motos náuticas habituais sumarase cunha moto destinada ás tarefas regulares de inspección, supervisión e control dos areais, así como un vehículo de intervención para o traslado de persoal para facer fronte a situacións de urxencia que poidan producirse.

A dotación de material contempla, por cada módulo: un desfibrilador, un equipo de férulas semirrígidas, balón ou botella de osíxeno medicinal, mochila de primeiros auxilios, balón autoinflable ou ventilador manual, máscaras de baixo e alto fluxo, collarín cervical, tensiómetro, termómetro e mantas térmicas.

A este equipamento súmanse produtos e diferentes apósitos para curas ou golpes. Nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas e Canelas, deberán contar cunha cadeira anfibia para o baño de persoas con problemas de mobilidade, así como muletas anfibias.

A firma seleccionada polo Concello deberá contar cunha ampla experiencia no sector de salvamento e socorrismo

Coa entrada en vigor da primeira ordenanza de praias en Sanxenxo, o prego tamén recolle a realización de campañas de concienciación e coidado dos espazos naturais, para dar cumprimento ao novo regulamento que deberá realizar a empresa adxudicataria do servizo ao longo do verán, co obxectivo de dar a coñecer a normativa.

A firma seleccionada polo Concello deberá contar cunha ampla experiencia no sector de salvamento e socorrismo durante polo menos os últimos tres anos para garantir a mellor cobertura e profesionais posibles nas praias do municipio.

Sanxenxo planea reforzar a seguridade nos seus areais
comentarios
ç