miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

Sanxenxo plántase co lecer nocturno: "Se hai que ser contundente, serase"

A Policía Autonómica durante unha inspección este fin de semana. CEDIDA
A Policía Autonómica durante unha inspección este fin de semana. CEDIDA
Telmo Martín advertiu que as multas por incumprir o horario de peche estipulado poden chegar aos 31.000 euros segundo a normativa vixente, ademais de carrexar o peche do local

O Concello de Sanxenxo anunciou que está disposto a facer uso da lexislación vixente cando se incumpra o aforamento, o horario de peche e as medidas de seguridade estipuladas por mor da covid-19 no lecer nocturno do municipio, e para iso ampárase na Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que, segundo o Goberno local, "é moi contundente con aqueles establecementos que excedan o aforamento máximo e o horario de peche. 

A estas esixencias xa en vigor desde 2018, hai que engadir as medidas de seguridade pola covid-19, como son a distancia interpersoal, o uso de máscaras e unha maior limitación dos aforamentos". Neste sentido, a resolución da Xunta limita "máis os aforamentos dos locais de copas, en concreto o 66%, ademais de obrigar ao uso de máscara no interior cando non se poida gardar a distancia interpersoal". 

Por todo iso, e nunha época na que se prevé unha maior chegada de xente ao municipio, o Goberno local foi claro: "non imos permitir que uns poucos establecementos xoguen coa saúde das persoas, a reputación de Sanxenxo e o traballo da maioría dos hostaleiros. O Concello vén traballando nos últimos meses para que Sanxenxo sexa un destino seguro". 

Desde o Concello que lidera Telmo Martín tamén aclararon que a lei establece que os concellos poden ampliar os horarios dos locais, pero tamén reducilos, é dicir, adiantar o peche, con independencia do que estableza a licenza do local. Neste sentido, a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, no seu artigo 4.F sobre as competencias dos concellos di que poderán "autorizar as ampliacións ou reducións sobre o horario xeral, en atención aos criterios, supostos e circunstancias que, no seu caso, figuren na orde de horarios prevista no artigo 17", aclarou o Goberno local, amparándose na normativa que xustifica a lexitimidade do Concello para xestionar a movida sanxenxina. 

O pasado fin de semana, 14 axentes e o concelleiro de Seguridade percorreron as zonas de copas para vixiar o cumprimento de medidas

Xa o pasado fin de semana, durante a noite do sábado e a madrugada do domingo, seis gardas civís, catro policías autonómicos e catro policías locais, xunto co concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, percorreron as zonas de copas do municipio para comprobar que tanto locais como clientela se atopaban cumprindo as medidas de seguridade, unha ruta na que tan só houbo que destacar "mínimas incidencias".

O Goberno local ha mostrado o seu desexo de que esta sexa "a tónica xeral", pero quixo aclarar que "se ten que ser contundente, o será". Os corpos de seguridade continúan alerta para que se cumpran as medidas estipuladas tanto en praias como en locais de lecer. 

SANCIÓNS. Desde o Concello tamén advertiron a magnitude da contía económica que podería supor unha sanción. Segundo aclarou, a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas cualifica de infracción grave con sancións de 301 a 30.000 euros e o peche do establecemento por un ano aos locais que incumpran o horario de peche. é unha infracción moi grave superar o aforamento, impedir o acceso ao local dos axentes da autoridade ou ao persoal de inspección e a comisión de dúas ou máis infraccións graves teñen sancións que van de 30.001 a 600.000 euros e o peche do establecemento por tres anos, e incluso, definitivo.

Sanxenxo plántase co lecer nocturno: "Se hai que ser contundente,...
comentarios