Sanxenxo recadou 46.000 euros polas sancións por comportamentos incívicos

Beber alcol na vía pública supuxo 26.000 euros para o Concello. A Policía Local interpuxo 2.942 multas de tráfico
Motos de la Policía Local.
photo_camera Base da Policía Local. DAVID FREIRE

O Concello Sanxenxo recadou un total de 46.208 euros en sancións interpuestas pola Policía Local en 2019 por comportamentos incívicos como ruídos, venda de alcol a menores, vehículos abandonados ou ouriñar na vía pública, entre outros. O total de sancións interpostas por este motivo ascendeu a 540.

Beber alcol na vía pública foi outra das accións máis sancionadas no municipio, que rexistrou un total de 114 multas por este motivo ao longo do ano, cun total recadado de 26.189 euros.

O incumprimento do horario de peche por parte dos locais de lecer nocturno tamén foi unha falta recorrente en Sanxenxo. Deste xeito, aínda que a Policía Local ha interposto 165 multas aos propietarios de pubs e discotecas sanxenxinas por este motivo, 51 máis que por beber alcol en vía pública, recadou 21.101 euros menos, debido ao menor importe das sancións, que sumaron 5.088 euros en total.

O Concello rexistrou 2.942 sancións de tráfico en total en todo o ano 2019, cuxo importe sumou 305.078 euros.

Do total de sancións de tráfico, 2.459 foron graves, 404 delas foron leves e 79 moi graves. Segundo informou o Concello, a maioría destas multas interpostas pola Policía Local debéronse a estacionamentos en zonas prohibidas, como zonas amarelas, que abundan na localidade.

Por outra banda, os condutores que transitaron por Sanxenxo durante 2019 tamén se enfrontaron a multas por circular por dirección prohibida, non respectar os sinais de tráfico, conducir de forma temeraria, dar positivo en controis de alcoholemia e conducir utilizando o teléfono móbil.

O total da recadación ao longo de 2019 foi de 382.563 euros, segundo os datos do Concello en base ao balance realizado pola empresa encargada do cobro de sancións no municipio.

Comentarios