Sanxenxo volve sacar de novo a licitación as escolas infantís, con tres candidatos

As novas condicións suman ao persoal a dúas traballadoras a media xornada en cada centro 
Sanxenxo saca a licitación las escuelas infantiles de O Tombo y O Revel. DP
photo_camera Proxecto sobre respiración bucal nas escolas infantís do Tombo e O Revel. DP

O Concello de Sanxenxo ha sacado de novo a licitación a xestión das escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel para os próximos catro anos, pola que xa compiten tres empresas. Trátase da actual concesionaria, Fundación de Estudos e Análises; Megadiver Socioeducativa, e Promoción da Formación As Palmas S.L. O novo prego, que saíu a licitación por 2.439.340 euros, inclúe diferentes partidas para facer fronte ás actuais esixencias sanitarias.

Neste sentido, o prezo de licitación, que se incrementa en 559.496 euros respecto ao concurso de 2016, contempla un reforzo na limpeza. Trátase dunha demanda que o Goberno local xulgou "necesaria" por mor da pandemia e tense resposta no novo prego, así como a hixienización especial anticovid. Ademais, o prego recolle como mellora unha partida de 25.000 euros que se destinará á adquisición de material para ambos os centros.

NOVAS CONDICIÓNS. No tocante ao cadro de persoal, o concurso recolle novas condicións despois de que o Goberno local se vise obrigado a rectificar o prego do anterior concurso por mor da cláusula referente ao período de descanso do persoal, que agora poderá elixir tras o recoñecemento do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (TAC). As condicións actuais pasan por sumar ao persoal dúas traballadoras a media xornada en cada unha das escolas, que no anterior concurso incluíronse como unha mellora. O Goberno local aposta así por manter este reforzo de persoal de forma indefinida "para garantir a calidade do servizo". O prego contempla, ademais, o aumento de horas do persoal para garantir as aulas burbulla mentres permaneza esta situación sanitaria.

O horario habitual, agora modificado por mor da covid-19 será de 7.30 a 20.30 horas e inclúe servizo de comedor. Ambas as escolas infantís municipais contan con 121 prazas para os distintos tramos de idade: de 0 a 1 ano, con 24; de 1 a 2 anos, con 39, e de 2 a 3 anos, con 58.

A concesionaria que resulte adxudicataria deberá entregar antes do 30 de xuño a Terra de Sanxenxo a valoración do estado de conservación do mobiliario, materiais e instalacións das EIM e petición de actuacións de melloras no edificio, instalacións e espazos exteriores.

Anualmente, unha vez finalizado o proceso de matriculación e antes do comezo do curso, a concesionara deberá achegar ao Concello de Sanxenxo unha memoria anual de actividades de cada escola relativa ao curso anterior, un proxecto educativo (PE) e Programación Xeral Anual (PGA) para o curso seguinte; unha relación do alumnado matriculado por niveis, cos datos dos nenos/as usuarias, así como unha relación do profesorado, organización e distribución horaria prevista para o curso escolar. Se se cumpren os prazos, tal e como está previsto, a adxudicación do contrato quedará formalizada no mes de maio.

O Tombo e O Revel participan nun proxecto pioneiro sobre respiración bucal


Un total de 80 familias de nenos e nenas das escolas do Tombo e O Revel participan nun estudo pioneiro sobre a respiración bucal na poboación infantil. O estudo Lingoreta e Lingoreto. Respiración, a cargo do centro Lingoreta, ten como obxectivo a determinación da prevalencia e detección temperá de casos de respiración bucal en nenos e nenas de 1 a 3 anos. O proxecto inclúe ademais un contacontos en ambos os centros co que se mostran a distintas forma de respirar de forma lúdica.

Comentarios