A Semana Santa de Paradela busca un voluntario para facer o papel de Xesús

Marcos Roma deixará de representar a Cristo nesta edición, cando cumple 33 anos, e a organización quere iniciar xa os preparativos
Semana Santa Paradela Meis con viacrucis y crucifixion
photo_camera Semana Santa Paradela Meis con viacrucis y crucifixión.RAFA FARIÑA

Unhas semanas atrás, en Paradela (Meis) comezaba o movemento: reunións, reencontros e a certeza de que nesta edición dos actos da Semana Santa se poderá retomar a normalidade de anos atrás.

Unha vez recuperados os guións, o equipo organizador fai un chamamento a todas aquelas persoas que queiran participar nesta nova edición nas representacións.

Para poder inscribirse, todo aquel que o desexe pode pasar a anotarse no Concello de Meis ou chamar ao númerop de teléfono 609 58 30 36, para disfrutar dende dentro desta escenificación viva dos derradeiros días de Xesús na terra.

Os ensaios, que terán quendas nos luns e nos sábados, levaránse a cabo na Casa da Fábrica, ao lado da igrexa de Paradela, así coma nas inmediacións do adro e no Monte da Croa.

Nos derradeiros anos, Marcos Roma foi a imaxe central e personaxe principal nesta serie de teatralizacións da paixón e morte de Xesús. Pero é momento de buscar un novo actor.

Como anunciara dende os seus primeiros anos, ao chegar á idade na que Xesús foi crucificado, o actor e veciño de Paradela, deixaría libre o papel principal para que un novo compañeiro tomase o relevo.

E este será o momento, posto que este 2023 será a derradeira vez que Marcos faga o papel e, dada a complexidade do mesmo, dende o equipo da Semana Santa xa están buscando quen o reemplace.

A persoa que o sustituirá deberá entrenarse xa nesta edición, posto que o nivel de esixencia. tanto do texto, como da interpretación, require unha preparación de moitos meses. Todo aquel que o desexe pode facer a proba.

No ano en que a covid-19 se instalou entre nós, a Semana Santa pasou a formato dixital. Ao seguinte, as normas non permitiron realizala, e ata o 2022 non puido volver a revivir.

Pero non puido retormarse unha das novidades previstas prepandemia: As vodas de Caná. Unha nova dramatización que pretende, cada ano, poñer en escea unha pasaxe da vida de Xesús nunca antes escenificada.

En 2023, os actores vestirán as súas mellores galas para facer disfrutar aos asistentes da recreación dunha voda xudía no Monte da Croa, nas primeiras xornadas das representacións dunha Semana Santa que, agora sí, recupera todo o seu esplendor.

comentarios