Cerrada ao baño parte da praia de Montalvo pola vertedura causada por un sentinazo

A medida afecta á zona máis próxima a Paxariñas e o resto do areal está aberto ao baño
La playa de Montalvo, este domingo. RAFA FARIÑA
photo_camera Praia de Montalvo, en Sanxenxo. CEDIDA

Un sentinazo dunha embarcación provocou unha vertedura que afecta a unha "pequena parte" da praia de Montalvo, en Sanxenxo. Así as cousas, o Concello informou este domingo de que ordenou que se sinalice e peche ao baño esa parte do areal "para salvagardar a seguridade sanitaria dos bañistas". 

A zona afectada é a máis próxima a Paxariñas, mentres que o resto da praia está aberta ao baño "con total seguridade", segundo a administración local.

Tamén se comunicou á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) a baixada da bandeira azul ata que se supere a vertedura e se cumpran os parámetros normais da auga.

Zona pechada ao baño na praia de Montalvo, en Sanxenxo. CEDIDA

Comentarios