Tempo de orellas e filloas na Mancomunidade do Salnés para buscar emprego

O Obradoiro de Hostalería do Salnés, que visitará portos, lonxas e espazos do interior da provincia para mostrar o seu traballo, celebra o Entroido cunha serie de sobremesas
Un cociñeiro do obradoiro traballando. RAFAEL OTERO
photo_camera Un cociñeiro do obradoiro traballando. RAFAEL OTERO

Mesturamos 100 gramos de manteiga derretida con dous ovos, 100 gramoSAAL 2019-2021s de azucre, 125 mililitros de leite, un chorro de anís e raiaduras de limón e laranxa. Incorporamos pouco a pouco 500 gramos de fariña de trigo ata facer unha masa e deixamos reposar media hora. Quentamos abundante aceite de xirasol con peles de laranxa e limón, que se retiran cando estea perfumado. Estírase a masa e córtanse porcións que se van fritindo, dándolle voltas varias veces. Despois colócanse sobre papel absorbente e espolvóreanse con azucre glas.

É a receita das orellas de Entroido coa que traballa o Obradoiro de Emprego Hostalería do Salnés XII, unha iniciativa da Mancomunidade do Salnés na que participan este curso vinte alumnos: dez de cociña e dez de sala. O taller vén de celebrar tanto San Valentín, decorando unha mesa con candeas e flores naturais, como o Entroido, elaborando unha serie de sobremesas tradicionais, entre SAAL 2019-2021as que había roscas, orellas, rosas e canas, acompañadas por diferentes cafés, viños doces e cócteles.

Os alumnos do taller son vinte: dez de cociña e dez de sala 

Ao mesmo tempo que informaba destas actividades especiais, a directora do obradoiro, Puri Ferro, tamén comunicou que a situación sanitaria os obrigou a cambiar o desenvolvemento das xornadas que se viñan celebrando nas súas instalacións en Sanxenxo. Estaban dirixidas a asociacións e colectivos dos nove concellos que conforman a mancomunidade (Cambados, O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova), co obxectivo de dar a coñecer o seu traballo. Esta proposta, que se puxo en marcha hai cinco anos, ofrecía a posibilidade deSAAL 2019-2021 degustar as elaboracións que realizan os alumnos. A situación derivada da pandemia levou a reorganizar as xornadas e anunciar que este ano, dado que o público non pode ir ás instalacións, serán eles os que irán a onde estea o público. Así que visitarán portos, lonxas e distintos espazos do interior da provincia para cociñar para a xente. Disporán dunha carpa con dous televisores nos que os espectadores poderán seguir as receitas que elaboren sen necesidade de agruparse. Ao remate, tamén se lle entregarán as distintas elaboracións en papel. Como vén sendo habitual, as propostas culinarias realizaranse con produtos locais e mesturarán receitas tradicionais con pequenos detalles innovadores.

Comentarios