Tensión en Vilaxoán durante a visita de Rosa Quintana polo conflito da mexilla

Un grupo de bateeiros increparon á conselleira do Mar nun acto no Intecmar

Los bateeiros acorralaron a las conselleiras a su llegada al Intecmar. DAVID FREIRE
photo_camera Los bateeiros acorralaron a las conselleiras a su llegada al Intecmar. DAVID FREIRE

Decenas de produtores de bateas increparon e acurralaron ás conselleiras do Mar, Rosa Quintana, e de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, á saída dun acto celebrado na mañá deste venres en Vilaxoán. 

Decenas de bateeiros concentráronse ás portas da sede do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), onde as responsables autonómicas participaron na presentación das actuacións de saneamento que a Administración autonómica proxecta para Vilagarcía de Arousa. 

Ao termo do acto, os participantes na protesta, que reclaman á Xunta medidas ante o conflito que manteñen bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla, bloquearon a chegada dos coches oficiais que ían recoller ás conselleiras á porta principal do edificio do Intecmar. 

Nese momento, con axentes da Policía protexendo ás autoridades, os concentrados cercaron ás conselleiras e os seus equipos, dirixindo as súas consignas contra Rosa Quintana, á que, segundo fontes presenciais, chegaron a insultar e acusala de "traidora" contra o sector. 

As responsables do Goberno galego regresaron ao interior da sede do Intecmar, onde agardaron durante aproximadamente media hora á espera de que as forzas da orde garantisen as condicións de seguridade para poder chegar aos coches oficiais e abandonar a zona.