Trasladados ao hospital os condutores de dúas furgonetas tras un accidente en Ribadumia

O sinistro ocorreu no lugar de Sisán
Una de las furgonetas implicadas en el accidente en Ribadumia. DP
photo_camera Unha das furgonetas implicadas no accidente en Ribadumia. DP

Os condutores de dous vehículos foron trasladados este mércores ao Hospital do Salnés tras verse implicados nun accidente de tráfico en Ribadumia. Ocorreu na Rúa Mosqueiro de Sisán.

Os afectados son unha muller de 54 anos, de iniciais B.G.C., que conducía unha Kangoo e un home de 52, R.M.P., que ía ao volante dunha Berlingo. Foron evacuados ao hospital con dor torácica e cervical.

O accidente mobilizou ao Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, unha ambulancia do 061 e unha patrulla da Garda Civil de Trafico.

Vehículo implicado no accidente en Ribadumia. DP