Trasladados ao hospital tres homes tras chocar un camión e unha furgoneta en Vilanova

O camión verteu sobre a calzada 24.000 quilos de fertilizante e a furgoneta quedou esnaquizada
Camión volcado tras colisionar con una furgoneta en Vilanova. RAFA FARIÑA
photo_camera Camión envorcado tras chocar cunha furgoneta en Vilanova. RAFA FARIÑA

Tres homes resultaron feridos este venres ao chocar un camión e unha furgoneta na rotonda de Baión, en Vilanova de Arousa. O vehículo pesado, que transportaba fertilizante, envorcou e verteu sobre a calzada os 24.000 quilos deste produto granulado que compuñan a carga, mentres que a furgoneta quedou esnaquizada. 

O accidente produciuse no punto quilométrico 18 da estrada PO-531 e obrigou ao corte da incorporación a Caldas de Reis. Desde Emerxencias de Vilagarcía mobilizouse a ambulancia que trasladou ao camioneiro, un home de 58 anos, ao hospital do Salnés. Os outros dous feridos, o condutor e un ocupante da furgoneta coa que chocou o vehículo pesado, foron inmobilizados polos técnicos do 061 e Protección Civil de Vilagarcía antes de ser trasladados á ambulancia e evacuado ao mesmo hospital con pronóctico reservado.

A empresa transportista á que pertence o camión sinistrado encargouse da limpeza da vía e do transbordo da mercancía que quedou esparexida sobre a calzada.