Trasladan ao hospital a unha persoa tras un incendio nunha vivenda de Vilaxóan

O lume orixinouse no salón da vivenda

 

Unha persoa foi evacuada este venres con síntomas de intoxicación tras producirse un incendio no interior dunha vivenda de Vilaxoán, no municipio de Vilagarcía de Arousa. Foi trasladada ao hospital do Salnés por inhalación de fume.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse ao redor das 12.05 horas deste mediodía. Varios particulares deron aviso de que saía fume polas fiestras dunha casa, cuxa propietaria se atopaba fose pedindo axuda.

Por iso foron avisados os Bombeiros de Vilagarcía, a Policía Nacional e Local, ademais dos voluntarios de Protección Civil.

Unha vez sufocadas as chamas, os bombeiros confirmaron que se tratou dun incendio no salón da vivenda que calcinou por completo a estancia. O fume estendeuse polo resto da vivindo. 

Ata o momento, descoñécense as causas que puideron orixinar o lume.