Trasladan ao hospital a unha menor de idade tras sufrir un atropelo no Grove

O suceso produciuse este venres pouco logo de mediodía
La silla de la niña terminó debajo e la rueda del vehículo. DP
photo_camera Unha ambulancia do 061. D.P.

Unha menor de idade necesitou ser trasladada ao hospital logo de sufrir un atropelo, no concello pontevedrés do Grove.

Foron varias as persoas particulares que se puxeron en contacto co 112 Galicia, a poucos minutos das doce e media da mañá. As testemuñas informaban de que se acababa de producir un atropelo dun vehículo a un carriño, no lugar de Pedras Negras, en San Vicente. Ademais, nun primeiro momento asegurábase que a menor estaba debaixo do coche pero que a conseguiron liberar.

Nese momento, desde o CIAE-112 alertouse aos servizos médicos, aos Bombeiros de Ribadumia, ao GES de Sanxenxo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do Grove.

Ao final, o 061 confirmou o traslado do neno ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.