Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Vecinos de Sanxenxo propoñen o cambio de nome da avenida Luis Rocafort

Rúa Luis Rocafort, en Sanxenxo. ADP
Rúa Luis Rocafort, en Sanxenxo. ADP

A iniciativa responde á batalla xurídica que o Concello mantén coa familia Rocafort pola expropiación da leira das Cunchas

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, desvelou este xoves pola mañá que o Concello sopesa rebautizar a céntrica avenida Luis Rocafort. O rexedor afirmou que un grupo de veciños presentou unha proposta por escrito para cambiar o nome do bulevar, debido á batalla xurídica que o Concello mantén coa familia Rocafort pola expropiación da leira das Cunchas.

Martín fixo referencia a esta opción durante a firma do documento que corrobora o cambio de titularidade da avenida, que pasa da Deputación ao propio Concello.

No acto estivo tamén presente o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez. Tanto el como o rexedor encomiaron a reforma acometida na avenida, que finalizou a finais de 2017.

Vecinos de Sanxenxo propoñen o cambio de nome da avenida Luis Rocafort
Comentarios