Unha veciña de Sanxenxo, intoxicada por inhalar fume ao incendiarse a súa cociña 

Unha tixola deixada ao lume foi a orixe do lume
2020030513051010793

Os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 atenderon a unha muller, veciña de Sanxenxo, que resultou intoxicada por inhalación de fume tras incendiarse a cociña da súa vivenda. 

O incidente, segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ás 13.30 horas deste mércores na rúa Independencia de Adina da localidade pontevedresa. 

Ata alí desprazáronse efetivos do 061 e unha dotación dos bombeiros do Salnés, que sufocaron as chamas dun incendio provocado por unha tixola deixada ao lume e que provocou danos nos mobles da cociña. 

Comentarios