jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

A viaxe dunha relixiosa acaba con catro monxas illadas no asilo de Cambados

Actividade no centro de Cambados. G. GARCÍA
Actividade no centro de Cambados. G. GARCÍA
A alcaldesa, Fátima Abal, chama á calma os veciños, recordando que ningún dos 55 residentes está contaxiado

Son catro as persoas que permanecen illadas no asilo que a orde das Hermanitas de los Ancianos Desamparados xestiona en Cambados.

A alcaldesa, Fátima Abal, explicou este luns que todas os posibles afectadas pola covid-19 son monxas e que o coronavirus accedeu ao interior das súas instalacións a través dunha delas, que realizara unha viaxe fóra de Galicia.

Tamén sinalou a rexedora que nun primeiro momento deu negativo, pero os resultados da PCR que lle foi realizada determinaron o contrario e o motivo de que tres compañeiras a acompañen na clausura derívase de que estiveron en contacto con ela e están á espera de coñecer o resultado das probas que lle foron realizadas.

Todas elas teñen unha idade avanzada, rozando os 80 anos, ningunha presenta presenta os síntomas habituais e o seu estado de saúde é normal, por iso é polo que non foi necesario o seu traslado ata o Centro de Saúde da localidade ou a un hospital, engadiu Abal.

Por outra banda, a alcaldesa indicou que ningún dos 55 residentes está afectado pola covid-19 e dixo que os seus familiares reciben información directa do asilo. Ademais, o virus tampouco alcanzou os compoñentes do persoal que os coida, formada por unha vintena de persoas.

"Quero apelar á tranquilidade, sobre todo das familias que teñen residentes non asilo", afirmou Fátima Abal. "Non hai ningún motivo para unha alarma social nin moitísmo menos".

A viaxe dunha relixiosa acaba con catro monxas illadas no asilo de...
comentarios