lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Vilagarcía acolle ata o vindeiro sábado o festival de fotografías FotoInstantes

Imaxes do festival internacional de fotografía iNstantes en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Imaxes do festival internacional de fotografía iNstantes en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Vilagarcía de Arousa acolle desde este sábado —e ata o próximo— o festival internacional de fotografía iNstantes, un certame creado en Portugal e que este ano celebra a súa sexta edición cunha delegación na localidade pontevedresa. Como apunta o Concello, inclúe mostras e actividades que teñen como puntos neurálxicos o Salón García e Rubiáns. Nas exposicións hai obras de trinta fotógrafos, entre eles cinco arousáns.

O programa inclúe entre as actividades a desenvolver no Salón García proxeccións fotográficas, charlas e debates. Para a finca Fontán (Rubiáns) están reservadas 13 exposicións individuais, unha instalación e unha mostra conxunta dun colectivo de Murcia. Tamén hai proxeccións, encontros e charlas.

Vilagarcía acolle ata o vindeiro sábado o festival de fotografías...
Comentarios