
Non bastou con que o Concello de Vilagarcía anunciase que o aceso da iluminación do Nadal faríase a distancia e sen actos festivos. Nenos e maiores acudiron á Praza de Galicia para ser testemuñas deste acto.
E como estaba anunciado, ás 20.00 horas iluminouse un cono tridimensional de 20 metros de alto e sete de diámetro.
Como sucede habitualmente, é o elemento lumínico máis rechamante dos instalados na cidade, pero non o único, nin moito menos, porque hai arcos para engalanar as rúas e tamén os centros urbanos de Carril e Vilaxoán.
Os barrios periféricos dispoñen de ornamentación do Nadal, así como as parroquias, onde foron decoradas as fachadas dos centros socioculturais. En Carril e Vilaxoán locen os conos tridimensionales.
A ambientación conta con rótulos, adornos en farois e árbores de parques e xardíns, decoración de rotondas e de fachadas de edificios emblemáticos, como a Casa Consistorial.
Ademais, en varios puntos céntricos de Vilagarcía tamén locen os xardíns efémeros, sobre os que se asentan composicións do Nadal que son outro atractivo para nenos e maiores.