Vilagarcía recupérase lentamente do brote orixinado en Avigal

A capital do Salnés rexistra nas últimas 24 horas catro positivos menos por coronavirus
Nave de Avigal en Cambados. GONZALO GARCÍA
photo_camera Nave de Avigal en Cambados. GONZALO GARCÍA

A paso lento Vilagarcía de Arousa vaise recuperando do brote de Covid orixinado na planta de Avigal de Cambados e que tamén se estendeu polas localidades de Meis e Barro. A maioría dos contagios están asintomáticos ou presentan síntomas leves da enfermidade, polo que están a pasar a corentena nos seus domicilios.

A situación en Vilagarcía mantense estable, con 63 casos positivos e 90 contactos asociados, mentres que en Vilanova os rexistros son 20 e 29, respectivamente. O Grove, suma 8 e 14; Meaño, 7 e 15: Ribadumia, 5 e 10 e A Illa de Arousa con catro e 10.

Estes datos foron feitos públicos tras unha reunión, celebrada telemáticamente este xoves, na que participaron o xerente da área sanitaria, un director xeral de Sanidade e os alcaldes da comarca do Salnés, que acudiron a Exposalnés, en Cambados. Boa parte dos positivos están asociados ao brote rexistrado en Avícola de Galicia, de Cambados.

En Vilagarcía rexístranse catro casos menos que o día 30 de setembro (de 67 a 63) e o seu alcalde, Alberto Varela, recordou que será necesario que transcorran varios días para que comece o descenso, sempre que os veciños colaboren cumprindo as normas establecidas. Por outra banda, expuxo que é preciso aprender a convivir co virus porque mantén que a actividade non se poida parar, e agregou que a interacción entre os veciños da comarca do Salnés provoca que a posibilidade de contaxio estea presente en calquera municipio.

Os acaldes volverán reunirse o día 12, no mesmo escenario, para avaliar a situación conxuntamente. Mentres, os gobernos locais adoptan medidas co obxectivo de eliminar posibles focos de contaxio, ademais de intensificar os labores de desinfección en espazos públicos.

Comentarios