A Xunta achegará 100.000 euros para o futuro parque acuático de Meis

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, asinou un convenio para financiar a mellora do bombeo do concello
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, xunto á tenente alcalde, Araceli Maquieira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, xunto á tenente alcalde, Araceli Maquieira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O proxecto do parque acuático de Meis segue o seu curso. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este mércores un convenio de colaboración coa tenente de alcalde do Concello, Araceli Maquieira, co obxectivo de colaborar no financiamento da mellora do bombeo para dar servizo ás futuras instalacións e optimizar a rede para os veciños da zona.

A alcaldesa en funcións que comezou pedindo desculpas pola ausencia da dirixente do PSOE debido a cuestións persoais. afirmou que "foi Marta Giráldez quen se puxo en contacto coa Xunta para que este proxecto fose adiante o antes posible".

Ademáis, con este bombeo nun futuro darase servicio ás zonas de saneamento, como son Penente, Quintáns e as parroquias de San Vicente de Nogueira. Araceli Maquieira confirmou que "é unha inversión moi grande que supón un sacrificio para este Concello pero que vamos a levar adiante non só para o beneficio da empresa privada, senón para o beneficio das veciñas e veciños de Meis".

En virtude de este acordo, a Administración autonómica achegará algo máis de 100.000 euros para abordar esta actuación, o que supón un terzo do seu orzamento global, que ascende a algo máis de 310.000 euros. O proxecto inclúe, entre outros traballos, a instalación dun pozo de bombeo, e dunha canalización de impulsión. Este convenio inscríbese na liña de colaboración que a Xunta mantén cos concellos para axudarlles a acometer obras de interés a veciñanza.

Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta aclarou que a pesar de ser un investimento moi importante e fóra do normal para un Concello, é rendable. "Trátase de impulsar un proxecto que traia beneficios para o Concello e para a comarca do Salnés dende un punto de vista turístico" afirmou Alfonso Rueda.

Comentarios