A Audiencia Provincial anula a cláusula chan dunha hipoteca por abusiva

A sección 1ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, especializada en mercantil, declarou abusiva e anulou a 'cláusula chan' dunha escritura de préstamo con garantía hipotecaria subscrita co Banco Popular, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A sentenza ditada por este órgano xudicial considera que esa cláusula foi "redactada de antemán e imposta ao cliente sen posibilidade real de negociación", polo que, en contra das esixencias de boa fe, prexudicou ao asinante ao causar un desequilibrio importante entre os dereitos e obrigacións que derivan do contrato de préstamo.

A sala admitiu que a resolución abre a porta á impugnación de todos os contratos actuais nos que se conteñan estipulacións similares á que se declarou como nula.

Comentarios