Esmagador rexeitamento dos comerciantes de Barcelos ao aparcadoiro limitado

PONTEVEDRA. "Fatal", "horrible", "lamentable"... Os comerciantes da Praza de Barcelos rexeitaron onte con cualificativos de todo tipo a previsión do Concello de limitar por tempo as prazas de aparcadoiro en superficie. Tan só un dos traballadores dos 20 establecementos consultados mostrouse conforme coa iniciativa, ao entendela como unha clara posibilidade para atraer a clientes. "Nos puede beneficiar, porque habría más movimiento y los coches no se quedarían aparcados varios días", manifestou o responsable dunha ferraxería.

Outros tres empresarios mostráronse dubidosos, albiscando na medida tantas vantaxes para apoiala como contratempos para tombala. "Igual nos beneficia, porque los distribuidores podrían aparcar, pero ¿dónde aparcarán los trabajadores?", preguntou un dos empregados dunha empresa de bombonas. "No creo que nos perjudique, pero molestará a las personas que viven en Barcelos", augurou o dono dunha empresa de produtos agrícolas. O propietario dunha tenda de alimentación tamén mostrou os seus reservas. Segundo dixo, o único positivo que pode ocorrer en Barcelos é "que vuelvan a implantar las antiguas direcciones de tráfico". O resto de empresarios expresaron un non rotundo. Un dos encargados dunha coñecida bocatería incluso se mostrou "encabuxado", convencido de que a limitación por tempo quitaralle ambiente á praza e clientela ao seu negocio: "Toda la gente que venía a aparcar aquí se buscará otro sitio, parece una medida para llenar los parkings". As traballadoras dunha barbería cren que o cambio tamén será contraproducente, "tanto para las clientas, como para nosotras, que trabajamos todo el día y no podemos mover el coche".

As empregadas dunha tenda téxtil censuraron a restrición desde varias frontes, "porque toda la vida aparcaron coches aquí y no hubo problema". "La gente de fuera tiene que aparcar en algún lado, no se van a meter en los parkings". "Lo que deberían hacer es quitar a los gorrillas, que nos cobran delante la Policía", manifestaron ao fío da enquisa.

O sector da hostalería secundou as protestas verbais do resto de comerciantes. "La gente no va a tener tiempo para ir de tiendas y no consumirá, y nosotros ya tenemos bastante con las multas por doble fila", reprochou o empregado dunha cafetería. "Se nos irá el sueldo en el parking", lamentou unha traballadora dun bar.

Os dous negocios dedicados á venda de motos e bicicletas rexeitaron a proposta "porque no podremos enseñar la mercancía con calma", e "porque ya hay bastante problema con las salidas de la plaza". Opinións similares esgrimiron os empregados dunha veterinaria e dunha tinturería, só que, como o resto, sen fornecer efecto nos plans do Concello. é máis, onte confirmouse que a limitación se aplicará nas prazas que están diante do colexio antes do inicio do curso escolar. O resto das prazas están á espera de que o Concello decida se realiza unha limitación en todo Barcelos ou só nunha parte, e canto tempo durará a restrición: 30, 45 ou 60 minutos.

Comentarios