O banco municipal entrega 4.600 libros e refuga 2.600

PONTEVEDRA. O banco de libros posto en marcha polo Concello bateu unha nova marca. Agora que as clases comezaron o seu curso toca facer balance e, de novo, pálpase que a cidadanía está envorcada con esta iniciativa, consistente no intercambio de libros de texto. A proposta permitiu reutilizar 4.615 exemplares para o novo curso en todos os colexios e niveis de educación. Traducido en cifras, supuxo un aforro de 200.000 euros para as 1.070 familias que participaron na iniciativa dun e outro modo: entregando exemplares do curso pasado e recollendo outros para a tempada 2013-2014.

Igual de rechamantes son os números dos libros que se quedaron na Casa Azul, en busca de novo propietario ou á espera de acabar no colector. O banco quedouse cun excedente de 1.500 libros, «valorados nuns 70.000 euro», e recibiu 2.600 libros que xa non son válidos, que quedaron descatalogados.

Máis información sobre os libros en 'stock', mañá, na versión impresa do Diario de Pontevedra.

Comentarios