O Concello dará o distintivo 'Furanchos de Pontevedra' aos loureiros autorizados

Antón Louro, ayer, reunido con los ‘furancheiros’. javier cervera-mercadillo
photo_camera Antón Louro, ayer, reunido con los ‘furancheiros’. javier cervera-mercadillo

PONTEVEDRA. O Concello entregará un distintivo específico denominado ‘Furanchos de Pontevedra' para acreditar aos loureiros autorizados no municipio. O distintivo, que incluirá a data de autorización da Xunta de Goberno Local, deberá estar colocado en lugar visible ao público.

Así se indicou onte na reunión que o tenente de alcalde Antón Louro mantivo con representantes do sector coa intención de pechar a redacción da ‘Ordenanza municipal reguladora da actividade dos furanchos e loureiros de Pontevedra'.

O texto, cumprindo a palabra dada aos furancheiros, será aprobado durante os primeiros meses deste ano. Pontevedra será así dos primeiros concellos galegos en contar con normativa adaptada.

No encontro pretendíanse definir as cinco tapas que se poderán servir (de entre embutidos-queixos, pementos de Padrón, orella-chourizo, zorza-lombo, costela, ovos fritos, sardiñas ou xurelos á grella, callos con garavanzos ou fabas, tortilla, empanada ou croquetas), cadrar os tres meses do período de apertura (entre o 1 de decembro e o 30 de xuño) e, finalmente, establecer os horarios de apertura deste tipo de establecementos.

Unha vez pechadas todas estas cuestións, a Ordenanza municipal quedará lista para aprobación inicial polo Pleno.

Xxx.

Comentarios