Nin o mal tempo detén á Festa do Demo

A celebración estivo rodeada de incerteza ata o último momento debido ao mal tempo e aínda que o rebuldeiro diaño puido realizar o seu trastadas polas rúas, a ‘foliada’ non se chegou a completar e o concerto tivo que suspenderse
O Demo gastando bromas acompañado de su séquito
photo_camera O Demo gastando bromas acompañado de su séquito

A mañá encapotada e chuviosa deste domingo non evitou que o demo fixese das súas polas rúas de Pontevedra. Minutos antes do momento previsto da saída da comitiva, as 12.30 horas, polo menos unha vintena de persoas dubidaban se ‘O Demo’ aparecería ou non. En canto comezou a música estaba claro que unha pouca choiva non detería a peculiar celebración.

Unha vez pasados os Arcos de San Bartolomé, o séquito de diablillos seguiu ao demo pola zona vella. Os pequenos da cidade que, disfrazados e armados con tridentes, desexaban facer travesuras polas rúas, tiveron a sorte de que en canto comezou a festa a choiva cesou. O desfile de petiscos e cornos vermellos sorprendeu tanto a locais como a turistas.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, que asistiu á celebración, comentou que aínda que era unha pena que o tempo non fose o idóneo a xente respondeu moi ben, "tendo en conta a mañá que está e a choiva que hai, a resposta foi moi boa" declarou. Da Silva tamén fixo referencia ao curioso feito de que deixase de chover xusto ás 12.30, "deben ser os poderes demoníacos", chanceou a concelleira.

FOLIADA. Aínda que as saídas de ‘O Demo’ puideron levarse a cabo, o concerto que a Banda de Música de Salcedo debía celebrar ás 21.00 horas na Praza José Martí tivo que ser cancelado debido ás malas condicións meteorolóxicas.

A esta baixa no programa sumouse, minutos despois, a da tradicional ‘foliada’, pois aínda que os grupos ‘Alborada’ e ‘Os Chichios’ déronse cita na praza de Curros Enríquez, o intenso chuvieiro impediu que todo se desenvolvese segundo o previsto.

No entanto, aproveitando un dos poucos respiros que deu a choiva, os músicos ofreceron un fugaz concerto para deleitar aos poucos presentes que desafiaran ao mal tempo.

Agora que ‘O Demo’ volve estar encadeado, toca esperar ao próximo ano para que o peculiar demo volva divertir aos nenos de Pontevedra cos seus travesuras.

Comentarios