A camelia invade o mosteiro de Lérez

Manuel Ogando con Pilar Fernández (centro) y Ana Isabel Vázquez (Foto: Javier Cervera-Mercadillo)
photo_camera Manuel Ogando con Pilar Fernández (centro) y Ana Isabel Vázquez (Foto: Javier Cervera-Mercadillo)

PONTEVEDRA. O mosteiro do Divino Salvador de Lérez ten este fin de semana un novo inquilino: a camelia. Os salóns do templo benedictino acollen a exposición correspondente á XV edición do Memorial Antonio Odriozola, na que participan 37 expositores de distintas localidades galegas. Xunto a seis da propia parroquia de Lérez tamén se deron cita nesta mostra cultivadores de Tui, Rianxo, Salvaterra, Redondela, Pontecesures e Vigo.

"Contamos con tres expositores que participan por primera vez en esta exposición", precisa Manuel Ogando, presidente da Asociación Cultural Santísimo Cristo do Consolo, entidade organizadora do evento.

Ogando destaca que, aínda que concorren a este certame tres participantes menos que en anteriores edicións, a cantidade de flor aumentou de forma considerable. "Algunos expositores nos llamaron para que les reservásemos un espacio de tres metros, pero cuando vinieron a instalar los conjuntos florales nos comentaron que les haría falta el doble".

Pilar Fernández Ruiz, directora da Biblioteca Pública de Pontevedra (este centro denomínase oficialmente ‘Antonio Odriozola' desde o 17 de abril de 1995), pronunciou onte o pregón inaugural da mostra, na que esta tarde haberá unha demostración da técnica de cerámica Rakú, utilizada na fabricación de cuncas para o ritual do té en Xapón.

Comentarios