A Deputación informará por SMS sobre as prazas dos campamentos

González y Estévez. javier cervera
photo_camera González y Estévez. javier cervera

A Deputación de Pontevedra acolleu onte o sorteo público das 2.500 prazas que a Administración provincial oferta nos seus campamentos de verán da Lanzada e Príncipe Felipe. Ao acto, de carácter aberto, asistiron a deputada Begoña Estévez e o director do Centro Príncipe Felipe, José Manuel González, así como algúns pais dos solicitantes de praza.

Desde onte pola tarde, os titores dos 2.200 nenos que participarán nos campamentos da Lanzada e dos 300 que o farán nos polideportivos de Príncipe Felipe comezarán a recibir un SMS no que se lles informa do resultado do sorteo e comunícaselles un nome de usuario e contrasinal coa que poderán acceder á descarga do recibo de pago. Así mesmo, na web da Deputación terán as listas de admitidos e poderán consultar outros datos como a quenda que lles corresponde, o equipamento que deben levar para participar no campamento ou a organización das actividades.

Ademais dos titulares das prazas, o sorteo estableceu tamén unha lista de espera de 100 membros por cada un das quendas dos campamentos, de forma que se se produce a renuncia a algunha das prazas, entraría o primeiro desa lista de espera.

Os campamentos. Os campamentos da Lanzada están dirixidos a nenos de entre 8 e 13 anos e organízanse en once quendas de 200 pequenos, cunha semana de duración cada unha. O primeiro grupo de 200 nenos chegará á Lanzada o 22 de xuño e permanecerá no campamento ata o 28 do mesmo mes. O último farao entre o 31 de agosto e o 6 de setiembre.

Cada unha das prazas deste campamento terá un custo de 83,60 euros.

Pola súa banda, os campamentos polideportivos de Príncipe Felipe desenvolveranse en seis quendas de 50 participantes cada un e van dirixidos a nenos de entre 7 e 14 anos.

A primeira quenda levará a cabo do 7 ao 12 de xullo e o último, do 18 ao 23 de agosto.

O importe que deberán achegar os pais dos participantes no campamento celebrado na Cidade Infantil Príncipe Felipe terá será de 125 euros por neno.

O importe que deberán abonar os pais será de 83,60 euros no caso da Lanzada e 125 na Cidade Infantil Príncipe Felipe

Unha semana chea de arte, cultura, deporte, xogos e sensibilización ambiental

O campamento que levará a cabo na Lanzada inclúe un amplo programa de actividades, entre as que se encuetran diversos xogos e deportes, actividades na praia, teatro, contacontos, actividades artísticas e culturais, entretemento nocturno e accións de sensibilización ambiental, entre outras.

No caso do campamento desenvolvido no polideportivo de Príncipe Felipe, os beneficiarios gozarán de actividades diversas nas instalacións do centro, con talleres, deportes en equipo, tiro con arco ou actividades acuáticas, así como saídas ao medio natural e a un parque multiaventura.

Comentarios