A Deputación destina 420.000 euros á mellora das estradas Padro-Bodaño e Bodaño Merza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou, xunto co vicepresidente do organismo, José Crespo, as obras que a entidade que dirixe está a levar a cabo nas estradas que unen as localidades de Prado con Bodaño e Bodaño con Merza.

En concreto, a urbanización e mellora da estrada provincial Prado Bodaño conta cun investimento de 200.000 euros, uns fondos cos que a Deputación pretende "lavarlle a cara" a unha vía, pola que, tal e como indicou Louzán, pasan "moitos milleiros de persoas ao longo do ano".

Ademais, o presidente da entidade provincial tamén visitou as actuacións que a empresa Taboada e Ramos executa, cun orzamento de 220.000, para a mellora da seguridade viaria e reorientación da ponte da estrada Prado-Vitaluxe.

Segundo recordou a Deputación, na comarca do Deza "hai 57 estradas provinciais cunha extensión de 293,91 quilómetros, e en Tabeirós 39 estradas con 248,53 quilómetros".

Comentarios