A Fiscalía pide seis anos de cárcere a un pontevedrés por quitarlle cinco dentes a outro dunha puñada

A Fiscalía de Pontevedra pide seis anos de cárcere a B.O.F., un veciño de Pontevedra, por unha agresión á saída dun pub da zona monumental que provocou que lle provocou a outro home a perda de cinco dentes.

Segundo o relato dos feitos que fai o Ministerio Público, na madrugada do día 3 de decembro do ano 2010, no pub Fifty Fifty, situado entón en cálea Barón de Pontevedra, no transcurso dunha discusión, o acusado "co ánimo de menoscabar a integridade física" de F.A.O.E. deulle unha puñada na boca, a consecuencia do cal perdeu cinco pezas dentais.

A reposición das pezas dentarias supuxo un custo total de 9.760 euros. Para o fiscal, estes feitos son constitutivos dun delito de lesións polo que pide unha pena de seis anos de prisión.

Ademais, pide que o acusado indemnice ao agredido na cantidade de 700 euros polas lesións e 9.760 euros pola reparación da dentadura. A sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou o xuízo para mañá ás dez da mañá.

Comentarios