A maior parte das multas de tráfico da cidade póñense na Praza de Barcelos

PONTEVEDRA. A maior parte das multas de tráfico que se tramitan en Pontevedra póñense na Praza de Barcelos, que o ano pasado converteuse na zona onde máis sancións se contabilizaron. En total foron 552, tal e como se desprende do informe correspondente con 2013 que vén de elaborar a empresa Recyges, adxudicataria do servizo de recadación municipal.

Neste ranking que lidera Barcelos atópanse tamén outros puntos da cidade no que, case que a diario, se cometen infraccións. Entre eles figuran as avenidas e Augusto García Sánchez e Bos Aires, onde se tramitaron 501 e 360 multas, respectivamente. Víctor Cervera- Mercadillo (347 sancións de tráfico), Eduardo Pondal (320), Joaquín Costa (314), Benito Corbal (285) e 12 de Novembro (258) forman tamén parte dunha listaxe de 375 rúas da capital nas que se puxeron multas durante o ano pasado.

O corpo encargado de realizar este traballo é a Policía Local, que durante o exercicio pasado tramitou 13.538 denuncias, o que supuxo case un 16 por cento menos en comparación con 2012. Entón formuláronse 16.153 demandas.

Comentarios