A Uned aposta pola formación de líderes cun novo curso de 'coaching'

O centro asociado da Uned de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves 19 de xaneiro a celebración do curso 'Introductorio de coaching: principios e métodos', organizado pola Escola Europea de Líderes. O programa deste seminario, que se desenvolverá entre as 16.00 e as 21.00 horas, abarca, entre outros, os seguintes contidos: 'Para que serve o coaching exactamente?', 'Métodos de coaching profesionais' e 'Como son as sesións de coaching?'.

O curso, dirixido por Yolanda Villar, directora da Escola Europea de Líderes para Galicia, pode recibirse por videoconferencia na aula da Uned en Lalín. As persoas interesadas nesta actividade formativa poden efectuar a matrícula por Internet a través da dirección 'www.extensionuned.es'.

O curso está especialmente dirixido a estudantes universitarios, psicólogos, psicopedagogos, avogados, enxeñeiros, educadores sociais, executivos, empresarios, docentes e público en xeral, que queiran iniciar un camiño cara ao éxito.

comentarios