Os bolseiros da Deputación prefiren Príncipe Felipe para o seu primeiro emprego

Rafael Louzán y María Jesús Torres con los archivadores en los que están guardadas las 12.908 solicitudes para los 300 contratos-beca, ayer. dp
photo_camera Rafael Louzán y María Jesús Torres con los archivadores en los que están guardadas las 12.908 solicitudes para los 300 contratos-beca, ayer. dp

A Deputación recibiu 12.908 solicitudes de mozos titulados sen experiencia laboral que queren conseguir o seu primeiro traballo mediante os 300 contratos-bolsa (aos que sumarán outros 200 con posterioridade) que oferta a institución provincial. Terán unha duración de seis meses e percibirán unha nómina que roldará os 800 euros.

A maior demanda rexístrase nas prazas ofertadas para os centros asistenciais de Príncipe Felipe. Foron numerosas as solicitudes presentadas por mozos licenciados en Psicoloxía, Pedagoxía e docentes de Educación.

A pesar de que esta convocatoria se lles presenta aos mozos titulados como unha oportunidade única para adquirir experiencia no mundo laboral, non se presentaron candidatos para cubrir todas as prazas ofertadas na convocatoria, entre elas as de Conservación e Restauración de Bens Culturais (en concreto nas especialidades de Arqueoloxía e Escultura), nas que o número de solicitudes resulta insuficiente.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios