Louzán insta as empresas a contratar aos bolseiros do Plan de Prácticas Laborais

Rafael Louzán se reunió ayer con representantes de las empresas beneficiarias de la iniciativa. rafa fariña
photo_camera Rafael Louzán se reunió ayer con representantes de las empresas beneficiarias de la iniciativa. rafa fariña

PONTEVEDRA. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, trasladoulles onte ás empresas participantes no II Plan de Prácticas Laborais a confianza e o desexo de que o éxito deste programa materialícese non só no número de bolseiros e de firmas que se van a beneficiar do mesmo durante un ano, senón tamén na maior cifra posible de contratos de traballo unha vez terminado o período de prácticas. Así o expuxo no encontro que mantivo cos responsables das 379 compañías que recibirán titulados no marco da iniciativa impulsada polo Goberno provincial.

A reunión tiña por obxectivo explicar o contido do convenio que cada unha das empresas asinará coa Deputación para o correcto desenvolvemento do proxecto. Os detalles dos acordos, que inclúen os dereitos e as obrigacións tanto dos bolseiros como das firmas privadas e do propio Goberno provincial, foron explicados pola responsable de Recursos Humanos da institución que preside Louzán.

Entre as obligacioens das empresas figuran a de garantir que o bolseiro dispoña en todo momento dun titor que o asesore, colabore na súa formación e supervise as tarefas que realiza. As empresas que non convertan as bolsas en contratos terán un prazo de tres meses para xustificar esta decisión.

Para actividades moi diversas

Os titores das prácticas laborais, que deberán ter titulación universitaria adecuada ou experiencia laboral suficiente, deberán cumprir fielmente co programa formativo co que optaron ás bolsas (non encargando tarefas alleas ao contido das prácticas) e sufragar os gastos de desprazamento e estancia se é necesario. Así mesmo, as empresas terán a obrigación de conceder permiso para a realización de exames de carácter oficial, permitir a asistencia a accións formativas relacionadas coa titulación do bolseiro e concederlle polo menos dous días hábiles ao mes de descanso.

O convenio establece que o horario das prácticas será dun máximo de 40 horas semanais e que, baixo ningún concepto, o bolseiro, que deberá respectar as normas da empresa, poderá substituír a un traballador da mesma, así como ter a responsabilidade final das súas tarefas (estas deberán ser supervisadas en todo momento polo titor).

Comentarios