martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

Marcón recupera as festas patronais cunha celebración por todo o alto

Imaxe da procesión das festas da Virxe do Rosario, que se celebraron por última vez no ano 2011 (Foto: Rafa Estévez)
Imaxe da procesión das festas da Virxe do Rosario, que se celebraron por última vez no ano 2011 (Foto: Rafa Estévez)

PONTEVEDRA. Grupos de gaitas, orquestras, bombas de palenque e actividades para nenos volverán a encher de diversión o campo da festa da parroquia pontevedresa de Marcón, que recupera as súas festividades patronais tras dous anos sen elas. A celebración comezará o vindeiro día 31 de agosto e continuará o día 1 de setembro na honra da Virxe das Dores, o día 2 na do Rosario e xa para o final de mes, o 28 e o 29, na de San Miguel.

A comisión de festas que preside Manuel Mariño xuntouse de novo despois de dous anos de parón coa intención de darlle vida ás festas do lugar. "Os veciños da parroquia teñen moito arraigo e estaban desexando que houbese de novo festas", afirma Mariño. Neste senso, o presidente apunta que os veciños fan sempre "un esforzo económico para a ocasión", un feito que lles animou a retomar os festexos.

Sen embargo, o orzamento reduciuse en 12.000 euros con respecto á última vez que organizaron a festa, no 2010, cando se gastaron 86.000 euros. No 2013 os gastos ascenden a 74.000 euros.A pesar de que houbo que facer recortes en fogos de artificio e nas orquestras, Mariño asegura que as festas non deixarán descontento a ninguén.

Marcón recupera as festas patronais cunha celebración por todo o alto
comentarios