Pontevedra levanta a Champions da reforma urbana

Un galardón transparente, coqueto; nada co que dar a nota polas rúas de Bruxelas, como a orejuda da Copa de Europa. O Concello de Pontevedra recolleu onte o premio Intermodes 2013, que entregou a presidenta desta axencia europea, Nathalie Leclerc, entre enormes afagos: «Ésta é unha cidade avanzada de Europa, vai por diante do resto. é un exemplo».

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reclamaba en privado «humildade, humildade, ¡porque nos están a dicir unhas cousas!». Subiu ao escenario logo dun vídeo explicativo no que se resaltaron as rúas e calidades da cidade con subtitulos en francés. Por alí pasou o resultado da reforma urbana: Daniel da Sota, a zona vella de Pontevedra, Michelena, a praza de Compostela… O metrominuto, en definitiva, que achegou aos congresistas as distancias de diferentes puntos da cidade e o xeito de desprazarse.

Houbo aplausos ao finalizar o pase do vídeo, e logo tocou o discurso do alcalde. En francés, idioma co que levaba ensaiando en público, chanceando, un par de semanas. Chamou ao principio a atención na delegación pontevedresa, tan afeita ao galego do rexedor; foi un francés o seu ríxido, entroncando nunha sorte de tradición germánica, se algo diso houber. O caso é que se lle entendeu. O Concello enviou copia traducida aos xornalistas presentes en Bruxelas, onde a delegación galega engrosa esa porcentaxe tan alta e tan español da loita cos idiomas alleos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios