A quen quere caldo, seis mil cuncas

PONTEVEDRA. A calor non disuadiu aos miles de adeptos ao caldo galego de pasarse onte polo lugar de Areás, en Mourente a degustar o prato que, de forma desinteresada, os veciños levaban preparando desde o venres pola noite.

Desde as once da mañá e ata medianoite despacháronse unhas seis mil racións do caldo galego de Mourente que, ademais de venderse xa en lata, busca agora a súa internacionalización ao procurar converterse nunha Festa de Interese Turístico.

O momento álxido da xornada viviuse sobre as dúas da tarde, cando se volveu difícil atopar un sitio libre nunha carpa con capacidade para 1.200 comensais.

(Máis información na nosa edición impresa do luns, 12 de marzo)

Comentarios